A última hora houbo cambios, Zalo o organizador do grupo, non puido asistir por motivos de solidaridade cos compañeiros de traballo. Houbo que cambiar a pateada sobre a marcha e decideuse facer unha próxima e fácil, desde Mondariz Balneario río Tea arriba. Pateada suave, sin accidentes xeográficos, monótona, tranquila e de ida e volta polo mesmo camiño. O tempo estivo ben, aínda que parecía que amenazaba a choiva, ó final foi un amago.Tivo lugar o ritual de baño dos máis atrevidos. Explicacións sobre o traballo da Consellería de Medio Ambiente no Tea para a recuperación do salmón a cargo de Xaime. A retaguardia sen traballo dedicouse, esta vez, a recuperar os obxetos perdidos, a correa da cadela de Xaime, e unha batería da cámara de fotos, esto sí que foi azar.
Acabamos tomando cervexa xunto ó río e como culme, invitándonos pola cara a un magosto popular.
No hay comentarios:
Publicar un comentario