PATEADA 92







Como a nosa actividade é moito mais que un simple exercicio físico e ten que ver coa realidade que nos rodea e á que pretendemos achegarnos con respecto e curiosidade, convén ter algunhas claves que deiten algo de luz sobre o que estamos vendo.

As espectaculares paisaxes dalgunhas das últimas pateadas, nomeadamente esta última de Sistelo, igual que a que fixemos en Setembro por estas mesmas partes ou a do Mezío ou as de Rouças ou outras, son debidas non só á natureza senón a acción humana sobre ela.

Nas Serras da Peneda, Leboreiro e Soajo houbo tradicionalmente unh tipo de poboamento particular, que podemos cualificar de semi-nómada. No inverno a xente vivía nas partes baixas, chamadas ‘inverneiras’ e no verán trasladábanse aos pastos de montaña chamas ‘Brandas’.

Segundo as zonas o traslado era de toda a familia ou so dunha persoa, o ‘brandeiro’. Non é cousa de entrar agora en miudezas.

Pero non todas as brandas teñen a mesma función, hainas de pastoreo e de cultivo cun aspecto completamente diferente.

Toda esta complexa rede de inverneiras e brandas está comunicada por unha grande cantidade de camiños que se conservan moi ben como todos xa sabedes a estas alturas.

A isto hai que engadir unha tradición romeira e peregrina, nomeadamente á Virxe da Peneda pero tamén a outros santuarios como Santo António, A Nossa Senhora da Guía, São Bento ou outros que utilizaban tamén esta manchea de camiños.

Os restos de todo isto é o que nos vemos nas nosas pateadas. Tivestes ocasión de comprobar como moitas das brandas están abandonadas pero moitas outras continúan activas se ben mudan os tempos e tamén os usos que se lle dan.

Agardo que estes apuntes apresurados vos dean, aos poucos que aínda non o souberades, algunha facilidade para a interpretación do que vemos. Porque patear non é só deslocarse dun lugar a outro.

No hay comentarios: