PATEADA 99


Día 3 de Outubro Saída 99

Pateada: Peneda – Ribeiro de baixo - Pousino

Dende Abril do 2004 que non imos á Peneda. Daquela fixeramos unha circular saindo da parte datrás da igrexa. Desta vez subiremos pola aba oposta subindo cara Aguas Santas para baixar ao Río Leboreiro por Ribeiro de baixo, ao pé da Serra do Quinxo, e volver subir por Pousinho para nos reintegrar á Peneda.

Saída:
Almas perdidas. 9,30

Percorrido:
En forma de 9.

Duración aproximada:
7 / 8 Horas

Dificultade:
Media a media alta

Lugares de Interese:
Santuario e aldea da Peneda, Río Leboreiro con pozas, Currais, Ribeiro de Baixo, Pousinho. Paisaxes, brandas.

Organización:

Comeza cunha forte subida polo que é importante estirar e quentar antes de empezar porque senón pódense poñer os xemelgos coma pedras.
Remata cunha forte baixada.
Recoméndase levar bastóns.

Pode haber baño se se quere (haise que desviar un pouco) e ao final hai cañas.

No hay comentarios: