O VIXILANTE DO BOSQUE


Despertouse  coma sempre, un pica follas cantor ,  que ten  o seu refuxio invernal  baixo o  mesmo teixo centenario que comparten,  fixolle  saber que se acercaba o  día. Ás veces  resúltalle  insoportable. Tanto cantar ó  romper o alba chega a cansar. Pero pensándoo ben  e sendo condescendente,  ten  que admitir que resulta máis llevadeiro que aquela familia de gatos bravos que fai moitos anos tomaran  o tronco oco dun  cercano  bidueiro  como a sua guarida. Os seus continuos xogos, peleas y carreiras,   rompían continuamente o silencio desta zona do bosque.

Isto fixolle  repasar  outros especimenes  deste pequeno recuncho , reducto  da natureza,  e que de vez en cando se ven polo agreste bosque, as veces camiño dalguha fonte, outras en busca de pasto tenro, abaixo, onde as augas dos  regatos formaron  tupidos  prados.  E non  pode   evitar un pequeno resquemor ó evocar  tempos pasados. Fai  moitos anos que xa non se ven osos e outras especies que antes formaban parte da gran familia que convivían nesta masa arbórea. Eso foi pouco  despois daqueles sucesos que non quere lembrar, cando  tivo que abandoar aquel outro bosque cercano.

Para acabar de despexarse   refregouse cunhas  gotas de auga  que caían das follas dun arando. Percatouse  de que o día estaba bastante frío. Ainda que estaba a principios dese período de tempo no que os días son curtos, semellaba que podía nevar; de chover,  seguro que sería en forma de caprichosos  copos,  que cando o fai de forma abundante   deixan o bosque uniforme y camuflado, extendendo un manto igualitario. Nesta  situación non é doado  distinguir a un bidueiro dunha faia,  ou un  pradairo de un freixo, ni carballos,  castiñeiros, abeleiras e aciñeiras.  Todo o esplendor  cromático das árbores queda reducido a unha irrecoñecible silueta branca , salvo algún capudre ou acivro que cos seus frutos vermellos  se delatan. Ó mesmo tempo,  apaga tódolos ruídos. Obriga a cobixarse a toda a fauna e propicia un mutismo no bosque. Nin corzos, nin martas,  denociñas, leiróns,   e menos     estreliñas riscadas e ferreiriños,   se atreven nestas circunstancias a saír do seu refuxio. Salvo o rei destes territorios, o lobo, cuio pelaxe e  dureza  lle permite resistir baixas  temperaturas.

Non pasara máis de media mañá cando a neve fixo presenza. Aínda que de xeito tímido. Estaba absorto vendo como pouco a pouco se apropiaban das ramas das árbores que  non se  percatou do ruído das pegadas. Só cando estas se ficieron máis sonoras  saleu do seu ensimismamento e  tomou conciencia  dos visitantes.
Sentiu  que o seu corazón se aceleraba . Eran eses seres estraños que de vez en cuando   aparecen polo bosque .  Os mesmos que lle obrigaron a abandoar o seu antigo lar. Eso ocurreu fai centos de anos.  Chegaron   e  cortaron   con contundencia e sen respeto todo o que encontraron  ó seu paso. O bosque desapareceu, aínda resoan nos seus  oídos os chasquidos, como  gritos lastimeiros, das  árbores ó caer. Tamén  cavaron  nas entrañas da terra buscando pedras sen ningún  valor para o mundo dos seres vivos (¿Ou produce unha pizarra o un anaco de ouro  frutos  e alimentos, como un castiñeiro,  que sirve de cobixo e de sustento ,  incluso después de morto, a moitos seres vivos?) e deixando ríos contaminados.

Na devesa  tódolos  animais xa os coñecen y  escapanlles.  Sabe  que tarde o cedo  viran coas mesmas intencións que aquela otra vez:  quen non se preocupa polo futuro   dos seus propios fillos, ¿ como  poden ser de  fiar ?.

 Sigueos  por todo o corazón da devesa. Avanzan pasediñamente,  parándose  diante das árbores. O seu andar contagíase da calma  do bosque. Aquí a vida permaneceu imperturvable durante miles de anos, e conserva o encanto do natural, e esto faise  sentir nos visitantes.  Istes  vense sorprendidos por  tanta variedade botánica e parece  que conocen algo os  bosques,  aínda que   non pode  menos que rir cando  os ve dudar se a árbore que teñen diante é un freixo ou unha faia. Mesmo que   algún no logra decatarse do que ten diante,  (as árbores impídelle ver o bosque ),  e pregunta canto falta ata a devesa ? 

 Queda tranquilo cando ve que son unhos inofensivos visitantes e que tan só os move  un interés pola natureza  e que non deixan de ser uns curiosos un poco ignorantes ( que ao cabo é a fonte do coñecemento ),   que disfrutan contemplando o que él vixila con tanto celo. 

Soben ata a  la parte alta do bosque, evitando o regato da Rogueira, e encamiñanse  ata a Fonte do Cervo, onde non dan crédito ó que ven : ¿una fonte con dous manantiais,  dun  brota auga ferruxinosa y do otro auga blanquecina, calcárea ?. Pero cómo se  poden  estrañar ? inxenuos, pero non se decataron que están  nun bosque máxico? con dous microclimas,  un baixo a influencia mediterránea e outro, máis frío, continental. Non saben que teñen diante case  tódalas especies arbóreas que hai en 200 km á redonda nun pequeno espazo de 3 km cadrados ?,  con variedades únicas, case en extinción como é  o teixo,  e  no lugar mais occidental onde medran as aciñeiras ?.

Seguen  en dirección da Campa da Lucenza, pero desisten poco dispois, o mal tempo e a nevóa  do alto, desanimaos e voltan cara o val. Es no miradoiro preto da cova do Longo do Meo cando  parecen comprender  o valor da Devesa da Rogueira, quedan entusiasmados coas vistas da masa frondosa e multicolor que se lles abre diante os seus ollos.

 Veos perderse pola zona dos soutos, aló abaixo, no límite do bosque,  onde soen vivir cerca  máis conxéneres seus, que de momento,  se dedican a recoller o que de forma xenerosa lles regalan cada estación outoñal as nogueiras e castañeiros e outros arbores, e pastorear o gando.

Por hoxe pode seguir tranquilo, pero ata cándo ?

No hay comentarios: