CRÓNICA DE UNA NOCHE DE VERANO





Nocturna (Boiro) 09/08/2014.

Antes das oito, estábamos o lado da gasolineira acordada. O guía xa ía de camiño, a guía esperábanos nun flamante mini. Unha parella estaba facendo tempo paseando por Boiro.

A hora acordada, imos en dirección a parella paseante, pero cando nos quixemos dar conta estábamos no monte intimidados por un banco de néboa. Nos esquecemos dos paseantes.

Dado que as condicións non eran idóneas, se decide partir os guías pola metade. Unha sairía o encontro dos que faltaban e o outro nos levaría o lugar de saída alternativo: Aparcamentos da rúa nº 14, como os americanos, xusto no Paseo Marítimo da Praia de Barraña.

Corría viruxe, polo que tivemos que abrigarnos antes de saír, roupa que fomos quitando os poucos metros andados. Saímos cruzando a mesma praia onde había xente aproveitando o vento para practicar Windsurf.

Conseguimos saír con media hora de retraso. O primeiro que nos mostraron era o que coñecían como “Tanque de tormentas”. Nos ilustra o guía que: Un tanque de tormentas é unha infraestrutura do sumidoiro consistente nun depósito dedicado a capturar e reter a auga de choiva, sobre todo cando hai precipitacións moi intensas, para diminuír a posibilidade de inundacións nos casos en que a capacidade de escurrido da auga é menor que o volume da choiva. Ademais fai función de depuradora.

Lembrábase él que antes, neste lugar, había un serradoiro no que utilizaban un sistema transportador con poleas de cinco eixes que lle chamaban policuerdas. Seguimos pola praia ata o final. Atravesamos a Rúa Xeral de Cabo de Cruz Pesqueira para pasar polo Monte Jurita, e desde alí contemplar as vistas da ría. Algúns tamén fartaron de moras que xa despintaban. Dicían que teñen antioxidante.

Chegamos a un camiño que servía de almacén de cascallos de algún desalmado, estaba cheo de restos de obra. Neste mesmo camiño tamén atopamos algo insólito: unha planta do camiño que ten varios nomes segundo quen a vexa: Alquejenje, fisalis ou Physalis.

Fisalis, é unha planta herbácea, arbustiva, anual de ramos angulosos e verdes e pode variar de sesenta centímetros a dous metros de altura. Nativa das rexións cálidas e subtropicais (non entendo que fai aquí). As follas son grandes, delicadas, triangulares e con bordes recortados. Son hermafroditas (ten os dous sexos na mesma flor), pequenas, brancas a amareladas. A froita madura é redondeada, entre amarelada e alaranxada e pequena, similar en tamaño, forma e estrutura a un tomate cherry, brillante, suculenta, de sabor doce, levemente ácida. O cultivo, orixinario de América do Sur, se remonta o período dos Incas no Perú. Coñéceno co nome de "aguaymanto" e "capulí", en Ecuador como "uvilla", en México “coztomate” ...

Non debe ser velenosa, comín dous e aínda estou aquí.

Este camiño remataba na rúa Fonte do Mouro. Por alí seguimos todos menos dous que foron a por auga. Chegamos a Chazo, en Abanqueiro. A lúa chea empezaba a abrirse paso entre as nubes e a noite comezaba a sentirse.

De camiño a praia de Carragueiros, saiu dun campo de millo un ruidoso bicho. O propio bicho, que resultou ser un gracioso congostreño, foi o que se asustou cando viña detrás o dono do campo preguntando que pasaba alí.

Seguimos o longo da praia pero esta vez polo paseo de madeira. Había unha fábrica de ameixas de mar. A partir das dez xa facía falla luz artificial. A luz da lúa axudaba pouco.

Agora de noite, intentamos ver o lugar onde naufragou o Cabo Razo no ano 58 na praia da Recorta e tamén, nun pequeno estaleiro, o primeiro barco do guía: O Santa Cecilia.

Sentados na praia, tomamos a cea, logo cruzamos a praia para entrar nun bosque os pes dun acantilado que rodeaba a costa. Chegamos a un lugar onde constrúen bateas: Unha batea é una estrutura flotante composta de una estrutura superior de madeira, flotadores de enormes dimensións e cincocentas cordas perpendiculares de doce metros de largo, fundidas na  auga onde crecen os mexillóns. Vense bateas dispersas a todo o longo das rías galegas.

Chegamos a parte máis alta da ría, Portomouro, logo pasamos por Quintáns e logo pola parroquia de San Cristobal de Abanqueiro, ónde visitamos a súa igrexa de principios do século XIII. O seguinte punto e San Martiño, tomamos o camiño do campo de fútbol ata O Saltiño desde aquí tomamos de volta o paseo da praia de regreso que é a mesma de onde partimos. Sen café nin churros...

Desde aquí… cada curuxa o seu olivo.
¡Ata a próxima! Abur…

No hay comentarios: