PATEADA 94







Nenas e nenos congostreños é chegado o momento de airear as plumas e levantar voo hacia outras montañas, vales e veigas. limpade as botas, aireade o saco, acondicionade a mochila, collede os bastóns e preparádevos para viaxar a vertente centro oriental da cordilleíra cantabra en terras asturianas dentro da conca alta do río Nalón principal río da cornisa cantábrica.

Fálovos do Parque Natural (ano 96) de REDES e declarado reserva da biosfera pola Unesco no 2001. É un entorno apenas modificado pola man do home e dunha beleza e uns recursos naturais casi intactos. Alí atoparemos unha das masas máis grandes de Europa en faias e onde pervive o oso, a pita do monte, os rebecos, os corzos, venados e disfrutaremos duns lugares naturais de auténtico luxo.

Tanto unha coma a outra teñen a posibilidade de ampliarse dependendo das forzas e ganas do persoal incluso temos a posibilidade de facer na segunda unha travesía pernoctando sábado/domingo nalgunha das abundantes brañas da serra. Aloxarémonos nalgunha das casas rurais da zona o incluso podemos alugar un apartamento dependendo dos congostreños que vaiamos, sendo esto último máis económico. Aventuro un prezo sobre 20€ noite. É importante e necesario saber os que vamos antes do 15 de abril (deste ano) para poder concretar o aloxamento.
Quedo pendente de vos ó 689 990 430 así como de tódalas dudas que poidades ter. Dirección correo.e mortiz1@telefonica.net.
Información sobre o Parque en
Decidín hoxe poñerme en contacto con direccións de aloxamentos e de todo o que vin foi o que mellor nos sae calidade prezo polo que xa o aluguei visto que están casi todos a tope de ocupación. Son dous apartamentos e saen a 22€ entre os dez que somos polo momento. O lugar e Coballes no concejo de Caso e os apartamentos chamanse "la Casina de Redes". Entras en internet e faste unha idea.Houbéseme gostado o albergue de El Cantu l´Osu pero amigo meu esta completo dende fai semanas.

FOTOS PATEADA 93

Duas presuntas congostreñas presentáronse nas Almas pero logo non na Illa, deberon ir de visita. Outros dous retiráronse antes de comer; pateadas á carta. Polo demais día domingueiro con baños e cañas e moitas paradas. Como o día amenceu nebuloso a Illa estaba sen bañistas. Marabilloso. Ao rematar mais cañas en Vilanova ainda que separados por grupiños. As fotos son de Mariám.