FOTOS PATEADA 89

Pateada dura a do Macizo de Pena Trevinca. Botouse en falta un pouco de previsión e organización. Había xente que ía por primeira vez e non levaban o material adecuado para o tempo que se aveciñaba.
Venres : Ao final, os 11 asistentes conseguimos reunirnos na Gudiña e iso facilitou chegar ata o albergue sen problemas. En Vilanova,pertencente ao Concello de A Veiga, onde Cholo, bo conversador e persoa culta, ao abrigo do seu acolledor establecemento, O Trisquel,entre sorbos de cola-caos e infusións, nun grato faladoiro, comentounos con certa preocupación o abandono xeral que sofren estas zonas montañosas, illadas e afastadas das cidades que ofrecen comodidades e servizos que aqui non son posibles, e nas que cada vez hai menos xente. Só os amantes da montaña (montañeiros ou montañistas?) e algún mais por obrigación ante a imposibilidade de vivir noutraparte ( son 5 casas as habitadas). Durmimos no albergue con concerto nocturno, nalgúns momentos "molto vivace" , a cargo dos mellores tenores e sopranos, un martirio paraos que querían durmir.
Sábado : Algúns levantáronse con gran entusiasmo e continuaron co corcerto, pero esta vez baixo o auga da ducha. O día prometía mal tempo, nevaba levemente no Albergue, o ceo estaba pechado e víase nevenos cumes. Decidimos subir ata o Maluro, pois Pena Trevinca antollábase temerario, a unha altitude menor de 1940 metros. Había que librar unha diferenza de altitude de 700 metros. Partimos sobre as 9: 20 horas. Na subida pronto tivemos mostra do que se aveciñaba. A medida que avanzabamos o tempo emperoaba. A metade de subida atopámosnos cunha ventisca, algúns que non ían preparados tiveron que desistir e regresar. O resto continuou ata a cima do Maluro, e paradóxicamente na zona alta aínda que tamén nevaba non había vento. Na baixada tivemos que loitar de novo coa ventisca que che golpea coa súa pedraza en todo o corpo, pero con especial virulencia na cara que vai mais desprotegida. Logo de 3 horas e media de duras condicións polo frio e estar mollados, varios decidiron volver á calor do refuxio. O resto,só catro, continuaron por unha senda alternativa que alcanzaba as vivendas abandonadas dunhas antiguas minas de wolfgram, ao son do himno "non estamos locos que sabemos lo que queremos....." Alí decidiron parar para comer. Só un breve tempo pois o corpo parado arrefría rápidamente. Seguindo esta ruta vólvese cara atrás pero baixando a ladeira da montaña cara ao val, sorteando regatos que se tiñan apropiado do camiño. Chegados ata o pobo, medio abandonado, dePonte, tomouse a ruta en dirección a Vilanova, camiño fácil de non ser por que se nos perdeu e por non querer volver a retomarlo houbo que incluír unha nova actividade no día, a de exploración entre a frondosa vexetación, coma se foramos xabarins, ata atopar, logo dunha gran rodeo, de novo a senda. Chegouse ao albergue ao redor das 17: 30 horas.
A cea en O Trisquel foi magnífica, quedaba en mans de Cholo, quese aplica ben á cociña. Descartado saír ao dia seguinte de camiñada, dada a situación climatolóxica e as prediciones para o dia seguinte,a sobremesa alargouse cun ameno faladoiro cheo de nostálxicas anécdotas, baixo un ambiente de tranquilidade, placidez e acougo quese respira no devandito lugar . Novo concerto nocturno, esta vez "andante", ? sería polo cansazo ?.

Domingo : Amanece nevando, con capa de neve duns 30-35 cm. Almorzando con Cholo e Marcos recoméndanos que libremos o camiño de neve ata asaída do pobo e en conto chegue a máquina quitanieves, que adoita chegar sobre as 14 horas, salgamos antes de que a estrada vóase a cubrir de neve. Sobre as 10 horas poñémosnos niso. Aquí de novo botouse en falta coordinacion, pois alleos ao problema real que había, liberamos la saida dos coches hasta O Trisquel, pero esquecimos que faltaba o resto, o peor, uns 200 metros de distancia hasta a saida do pobo, que había quedado en manos de Cholo. Grazas á sua generosidade (él era o menos interesado en que marchásemos ), de uns poucos que acudiron na sua axuda e de algún veciño do pobo que ao final uníronse, cando o traballo estaba medio remetado, conseguiuse liberar o camiño.
Incidente que puido ser peor, Ramón recibiu o golpe dun coche que coa neve deslizouse e golpeoulle contra o seu, grazas que o seu tambien cedio e evito danos maiores. Parece ser que só foi un "bocadillo".
A máquina quitaneves chegou sobre as 15 : 20 horas ante os aplausos dos que a esperabamos. Marchamos enseguida, pois seguía nevando, con cadeas nos vehículos, e a un ritmo lento conseguimos chegar ata Viana do Bolo, sobre as 17 horas. Alí o labor das máquinas e o tráfico mais fluído xa non fixo necesario o uso das cadeas. Parada na Gudiña para recuperar forzas. Algúns se quedaron en Ourense para tomar un baño reparador nas augas termales.


As fotos non teñen moita nitidez debido ás condicións climatoloxicas.

































































































































































































































































































No hay comentarios: