PATEADA 90






Amigos! acabou o ano 2008. Estes son os números. Unha vez mais, e van 4, Carrizo foi o que mais pateadas fixo, todas. Leva xa 56 saídas seguidas sen fallar nunca.Fixemos 12 saídas, como é habitual. Acompañáronnos 70 persoas diferentes, mais que nunca. A media de asistentes a cada saída foi a maior dos últimos 5 anos: 14 persoas. Aínda que medra o número de asistentes a cada pateada tamén medra o número de persoas diferentes. Isto quere dicir que nos acompaña mais xente pero menos veces co cal reséntese un pouco a ‘calidade’ do grupo ao non coñecérmonos entre nós e ao haber grande cantidade de xente que non se recoñece como parte do grupo senón mais ben coma un invitado. Isto explica tamén a grande dispersión habendo saídas con mais de 20 persoas, as mais ‘bonitas’, e outras con cinco persoas.

Con todo, hai que dicir que mesmo nas mais complicadas sempre houbo un número mínimo e nunca se anulou ningunha saída tamén porque cando os guías tiveron algún percance sempre houbo quen ocupase o seu lugar. Bon ano, compañeiros.

No hay comentarios: