FOTOS PATEADA 90


Comezámo-lo ano con ganas. Acudimos á convocatoria 16 persoas, con algunha nova incorporación, pero manténdose o “núcleo duro” das últimas convocatorias. A camiñada era suave, solo algunha curta subida, pero polo xeral moi levadeira e relaxada. Temos por diante todo o ano para nos esforzar. Bo día malia que con momentos de frío. Notouse especialmente nos altos onde sopraba o vento. Boas vistas panorámicas dende as alturas. Á volta visita aos muíños de auga así como á eira comunitaria. Desta vez non houbo baño purificador para os asiduos a elo, tiveron que se contentar co baño interior a base de cafés e as cervexas regulamentarias coas que damos termo ás pateadas.




































































































































































No hay comentarios: