PATEADA 94







Nenas e nenos congostreños é chegado o momento de airear as plumas e levantar voo hacia outras montañas, vales e veigas. limpade as botas, aireade o saco, acondicionade a mochila, collede os bastóns e preparádevos para viaxar a vertente centro oriental da cordilleíra cantabra en terras asturianas dentro da conca alta do río Nalón principal río da cornisa cantábrica.

Fálovos do Parque Natural (ano 96) de REDES e declarado reserva da biosfera pola Unesco no 2001. É un entorno apenas modificado pola man do home e dunha beleza e uns recursos naturais casi intactos. Alí atoparemos unha das masas máis grandes de Europa en faias e onde pervive o oso, a pita do monte, os rebecos, os corzos, venados e disfrutaremos duns lugares naturais de auténtico luxo.

Tanto unha coma a outra teñen a posibilidade de ampliarse dependendo das forzas e ganas do persoal incluso temos a posibilidade de facer na segunda unha travesía pernoctando sábado/domingo nalgunha das abundantes brañas da serra. Aloxarémonos nalgunha das casas rurais da zona o incluso podemos alugar un apartamento dependendo dos congostreños que vaiamos, sendo esto último máis económico. Aventuro un prezo sobre 20€ noite. É importante e necesario saber os que vamos antes do 15 de abril (deste ano) para poder concretar o aloxamento.
Quedo pendente de vos ó 689 990 430 así como de tódalas dudas que poidades ter. Dirección correo.e mortiz1@telefonica.net.
Información sobre o Parque en
Decidín hoxe poñerme en contacto con direccións de aloxamentos e de todo o que vin foi o que mellor nos sae calidade prezo polo que xa o aluguei visto que están casi todos a tope de ocupación. Son dous apartamentos e saen a 22€ entre os dez que somos polo momento. O lugar e Coballes no concejo de Caso e os apartamentos chamanse "la Casina de Redes". Entras en internet e faste unha idea.Houbéseme gostado o albergue de El Cantu l´Osu pero amigo meu esta completo dende fai semanas.

No hay comentarios: