FOTOS PATEADA 94



Congostra deixa de ser un grupo de senderismo e convértese, parcialmente, nun de montañeiros. Batiuse o records de duranción
de unha pateada.

PRIMER DIA :

SOTU DE AGUES - RIO ALBA- CRUZ DE LOS RIOS-EL RETRIÑON - SOTU DE AGUES

Amence con choiva e o ceo pechado partimos de Sotu de Agues sobre as 11, seguindo curso arriba do río Alba. Aos poucos o camiño vaise estreitando chegando a unha zoa onde conflúen varios regueiros. Alí paramos para descansar un pouco.

Deixa de chover e continuamos con algunha baixas. Unhas por caídas á auga e outras pola dificultade do terreo. Seguimos subindo alcanzando unha braña na aba do Restriñón.

Son as 14 horas, alí comemos e algúns chegan a observar, na distancia, unha familia de osos. Seguindo as suxerencias do noso guía e experto montañeiro Marco, catro mais anímanse a subir ao Restriñón. O resto queda á espera vendo se serán capaces de logralo.

Isto non leva perigo aparentemente agás o desnivel (hai que subir a 1860 m) librando unha diferenza de altura de uns 300 metros, pero é un terreo agreste e abrupto, sen vexetación práticamente, con moita pedra solta. Conséguese chegar ata o alto, con algúns descansos para recupera-la respiración, e algún a catro patas, polo medo a escorregar e caer, a pesar dos consellos de Marco de que non había perigo de caer ladeira abaixo. No alto hai neve pero o terreo ten menos inclinación. Unha vez tiradas fotos e descansado o suficiente, dada a hora que era, para gañar tempo e evitar baixar pola perigosa cara Norte decídese baixar polo lado contrario. Antóllase mais fácil, só hai que librar un tramo de 20 metros ata chegar a unha zoa mais chá e transitábel. Aquí a experiencia de marco faise notar de novo, ningún dos que ata alí chegamos teriamos sido quen de facelo por nós mesmos. Consegue atopar unha vía fiábel e con grande esforzo, medo e prudencia podemos librarnos desta parte difícil do terreo (pisar sobre a neve branda sobre rocas pode ter sorpresas). A baixada leva tempo e tras bordear montes conseguimos chegar de novo ao pobo sobre as 9 da noite. Alí espera o resto do grupo que só levaba unha hora agardando e que nos reciben con aplausos, sobre todo a Salomé, a única muller que conseguiu subir. Ceamos e non faltou a sidra.












































































































































































































































































































SEGUNDO DIA :




BEZANES- BRAÑAGALLONES-CANTU L´OSU-BRAÑAGALLONES-BEZANES




Amence un día espléndido, loce o sol e nin rastro de nubes. Saímos de Bezanes sobre as 11,30 co obxectivo de chagar ata Brañagallones, seguimos unha pista que vai acadando altura pouco a pouco e nos leva á braña mencionada sobre as 14 horas. Lugar bucólico, unha grande pradaría, cos recintos para protexer animais reconvertidos en vivendas rústicas e cos animais soltos pastando ás súas anchas. Alí comemos e descansamos un pouco.
Marco propón facer unha subida ao Cantu L’osu que calcula que se fará en tres horas e que é mais fácil que a do día anterior. Isto anima a bastantes persoas. Pero na subida pronto aparece a neve e isto empeza a desanimar a algúns, ademais de algún consello. Tanta subida para algúns pasa factura, pero o peor está por vir.

Unha vez acadado o alto, tarefa dura pero fácil, atopámonos cun grupo de mozos do lugar, Jesús e catro rapazas, afeccionados ao montañismo, que tamén van realizar a ruta do cordal para, dando un xiro de 180 graos, volver ao punto de partida pola parte oposta á de saída. Isto é mais complicado e diría que temerario, falta a experiencia y ata aquí algúns xa chegaran tocados polo esforzo, pero o que se aveciñaba requería esforzo e destreza, e é unha distancia longa, non é fácil andar entre rochas, ocos entre rocha e rocha e con zoas de difícil acceso, polo que o avance faise lento. Con gran tesón lógrase alcanzar a fin do cordal e somos premiados cunha baixada pola neve que algúns aproveitan para deixarse caer con plásticos, a modo de trineo. Seguimos a pista que os asturianos nos van deixando, de non ser por eles posiblemente a baixada teríase retrasado mais da conta. Na parte final da baixada, alguén non pode deixar de realizar o ritual do baño, aínda que vestida.
Abaixo na braña, Jesús, o xoven montañeiro asturiano , invítanos a tomar unha sidra. Son case as 21 horas e aínda quedan 13 Km ata o pobo. O esforzo do día obriga a algúns a facelo a modo e a noite sorpréndenos polo camiño.

Chegamos ao pobo sobre as 23 horas, batéronse o tempo efectivo e a distancia de unha pateada. Non falto a cervexa.












































































































































































































































No hay comentarios: