PATEADA 98

Día 5 de Setembro Pateada: Illa de Ons. 8º ANIVERSARIO.

Para celebrar os primeiros 8 aniños de Congostra imos facer un divertimento sabático ao que te convidamos, especialmente se hai tempo que non nos visitas.Visita a Ons. Camiños sen dificultade, viaxe en barco, cañas e baños.Pola noite teremos cea e festorra á que hai que se apuntar como data tope o 29 de Agosto. Naturalmente, coma sempre, podes ir á pateada, á cea ou, preferiblemente, a ambos.

Saída: Na saída dos barcos para Ons na estación marítima de Bueu ás 9,45.

Percorrido: Varios círculos

Duración aproximada: 6 Horas

Dificultade: Baixa

Lugares de Interese: Furna do Burato do Inferno, praia de Melide, faro, porto, paisaxes.

Organización: Tentaremos ir no barco das 10 e volver no das 8 da tarde para pasar todo o día na illa.

Para a cea apuntarse antes do 29 de Agosto no tf: 670 886 272 (Miguel Carbó)

Saúdos

No hay comentarios: