Rouças III: Rouças – Pedrada - Busgalinhas .
Foi no Abril do 2007 a última vez que fomos por alí. Desta vez faremos unha variante distinta. Subiremos á Pedrada, despois de ver o impresionante foxo do lobo, pero no canto de volver por onde fomos desta vez baixaremos pola outra parte para dar á branda de Busgalinhas, dalí iremos á branda da Junqueira e logo a Gorbelas.
Saída:
Sábado 12 ás 8,30. Almas perdidas. Atención á hora!!
Percorrido:
En forma de 9. Circular cun tramo de ida e volta.
Duración aproximada:
7 / 8 horas.
Dificultade:
Media alta. (En condicións normais, se hai neve a cousa ponse dura)
Lugares de Interese:
Brandas de Gorbelas, Busgalinhas, Junqueiras. Poulo da Seida. Foxo do lobo. Alto de Pedrada.
Organización :
Ao final hai cañas. Hai un tramo polo monte, sen camiños.
No hay comentarios:
Publicar un comentario