CRÓNICA PATEADA 113

Ruta do Mosteiro de Santo Estevo

Pasadas as nove, saímos coma sempre, do Almas Perdidas do Berbés. Vinteoito almiñas tiramos endirección o Concello de Nogueira de Ramuín, na Ribeira Sacra ourensá. Todos sabíamos o camiño, e cada quén colleu por onde puido. O importante e chegar, e chegar ben.
Xuntos todos no Mosteiro de Santo Estevo, collemos as mochilas e empezamos a gabear polo primeiro círculo do oito que tiña o percorrido. Un percorrido por camiños entre castiñeiro que lucían a súa follaxe dunha cor amarelo outonal. Cando as condicións nos permitían unha visión panorámica por enrriba das árbores, dábaste conta da sorte que tíñamos por poder contemplar aquela marabilla. Ademais o Sr Lorenzo acompañounos case todo o camiño, o que fixo que disfrutáramos máis e mellor.
O camiño fíxose doado, e permitiu facer os casuais grupiños de xente que vai comentando a cagadiña do paxaro, a castaña que aínda está boa, os anos que terán os grosos troncos dalgunhas árbores…
Rematamos a mañá nun erguido castro cheo de pedras onde as máis expertas na orografía, indicaban as máis profanas, onde se atopaban as poboacións cercanas. A pesares de non estar previsto pola “organizaçao”, e por maioría en votación popular, decidiuse xantar neste lugar.
Co bandullo cheo e quentiños polo sol, saímos cara o mosteiro para completar a outra parte do oito.
Esta segunda parte xa se facía máis pesadiña, a pesares de ir en descenso, xa se facía máis larga a ringleira de xente. Uns cansados, outros con necesidades fisiolóxicas, o certo e que había xente ciscada.
Por este motivo unha boa persoa sensible as reaccións dos grupos, sentiuse na obriga de velar por eles, quedándose cos últimos e vixiando que non se perderan.
Foi este feito o que protagonizou o pitorreo dos que estaban na cabeza, que rían coma tolos:
Quedáranse atrás unhas mozas con dotes cantareiras máis un mozo con máis ourella que oído. O alto estado de ánimo máis o costume dalgunhas, fixo que todas cantasen como paxariños ata alcanzar a cabeceira. O chegar souberon que as compararan con un coro de monxas ou frailes en procesión. Risas e máis risas.
O resto de camiño tamén transcorría entre castiñeiros, pero esta vez había que subir. A algún costoulle un pouquiño, pero como leóns subimos todos e chegamos escalonados o mosteiro.
As acostumadas despedidas e biquiños…. e cada un a súa casiña.
Pos que lles interese un pouco de rollo cultural:
O Mosteiro benedictino de Santo Estevo está situado en pleno centro da Ribeira Sacra, onde conflúen os ríos Miño e Sil. A súa orixe parece remitirse os séculos VI e VII. Na estructura e decoración deste Mosteiro conta con elementos románicos, góticos, renacentistas e barrocos.
A fachada é claramente barroca: a porta está no centro, o redor dunha moldura de decoración
geométrica. Enriba vese un frontón e sobre él unha balconada. A parte superior se remata con un escudo da España Imperial. Os lado da porta, entre columnas toscanas, están situadas dúas imaxes de santos benedictinos. Por riba deles vemos o escudo da Congregación de Castilla (na dereita) e o mosteiro a esquerda. Ten tres claustros. Foi declarado Monumento Histórico Artístico no ano 1923.
A igrexa, de orixe románico e planta basilical, ten dúas torres de campanario os lados, no seu interior se garda un altar de pedra de gran tamaño que representa a Xesús cos apóstolos. Os retablos, renacentistas do século XVI, mostran escenas do Novo Testamento.
Miguel Carbó

No hay comentarios: