“Asturias,paraíso
natural”,é o eslogan que publicita a
Asturias e penso que o Parque Natural de Redes o pode confirmar.
Pola beira do río
Nalón,que como di a canción que estudamos todos os nenos asturianos “nace en el puerto de Tarna,pasa por Pola
Laviana,Sama y La Felguera”(coa música
de “Asturias,patria querida”),chegamos á primeira estación deste pateo: o bar Linares,a
2,5 Km do aloxamento.Alí nos esperaban os nosos compañeiros de ruta para
compartir a cea.Unha marabillosa sorpresa,o cutre iogur e plátano que tomaríamos
de cea tornouse nunha degustación de embutidos e tortilla sabrosa en animada
compañía.
O campo base estaba
en Coballes, aldea encaixada na montaña
cunha empinada subida só apta para condutores excelsior.Aloxámonos os 15 que
eramos en 2 apartamentos moi ben equipados.Música latina no móbil e a rúa
diante da casa se converteu nunha pista de baile rapidamente.
Tíñamos media pensión
incluída que o mellor xestor e o seu equipo se encargaron de
organizar.Almorzabamos no noso apartamento e nos reuníamos para cear.
O primeiro día
(venres) fixemos a ruta de Brañagallones,PR AS-66, o nome era un trabalinguas,”vaia
ñoñas?”,”braga que?”… .Fomos en coche ata Bezanes dende comeza nunha pista de subida tendida .
As ofrendas ao
Cuélebre,Nubero,Busgosu e demais deuses asturianos funcionaron,o día estaba gris mais a chuvia
non ousaba presentarse a pesar dos científicos pronósticos.E a paisaxe despregouse
para nós en montañas negras con encaixes brancos de neve,outras de pedra pura
con plegamentos milenarios e as máis noviñas verdes de faias e bidueiros de
cortiza branca.
Chegamos á braña que
da nome á ruta,una inmensa pradería de postal,apetecía ser vaca e pasar alí os veráns.Un camiñiño máis
vertical levounos á cima,ao”Cantu l’Osu” onde comemos.O oso que nada quere dos
humanos non cantou e mandounos o seu aliento glacial que non nos permitiu nin
tomar o postre.
Pretendiamos seguir
por una tentadora cresta ,pero os deuses que como os humanos son bos e malos
nos mandaron una nube impertinente que mollou as pedras e facía o cresteo
esvaradizo.Así que iniciamos o descenso.
En Brañagallones collemos
outro sendeiro que nos levou a una espectacular caída de auga.Algúns
continuaron polo sendeiro e chegaron ao nacemento do río Monasterio(afluente do
Nalón) e a outra braña.O resto fomos baixando á aldea de Bezanes,onde termina a
ruta.
Final de ruta clásico
con birras no B.A.R.
Datos técnicos da
ruta:31 km,1100m de desnivel(subindo).
Voltamos a Coballes e despois da ducha restauradora puxémonos a
preparar a cea:chocos con arroz,ensalada e tarta sorpresa.E como colofón,iniciación
á bachata da man de experimentados profesores,con descubrimento de novos
talentos,rodas cubanas e veciña en pixama que se arrima e non se anima.
O día
seguinte(sábado)tocaba a ruta dos Arrudos,PR AS-61,que é circular dende
Caleao.Recibe o nome de Arrudos,dunha escaleira que se facía cunha vara de
acivro e varias estacas para chegar a zonas complicadas.
A ruta empeza cun
desfiladeiro estreito escavado polo río,un relaxante murmurio nos acompañou gran parte do camiño.Seguro que as
xanas,ninfas da auga,típicas barbies de longa melena loira, andaban por alí;pero
só se deixan desencantar o día de San Xoán.As montañas mostrábanse máis animais ,raiadas como cebras
ou como vacas pinta.
Pasamos algunhas
brañas en ruínas,atravesamos ríos de augas veloces e chegamos á Collada de Ubales,punto máis
alto da ruta.Tiñamos una vista panorámica
de Brañagallones,o Cantu l’Osu e ao lonxe os Picos de Europa.Dende alí
un pequeno sendeiro conduce ao Llagu Ubales.
Pero un inoportuno
vendaval nos quitou as ganas de subir a algúns,os outros subiron e disfrutaron
do fermoso lago ao pé da montaña.
Despois dunha longa
baixada, nos últimos tramos un incomodo
camiño cementado,rematamos en La
Infiesta,una agradable aldea onde esperamos aos que foron a buscar os coches.Falamos
cunha dicharachera nativa,estiramos as machacadas pernas,cotilleamos e comemos as viciosas pipas sentados nun banco.
Datos técnicos:22
km,1100m de desnivel.
No apartamento,ducha rápida e o ritual da
cea.Moitos pinches de cociña mais novamente deixamos o prato principal(polo con
patacas e verduriñas) en mans da nosa excelente cociñeira.E para postre,arroz
con leite,especialidade do alcumado como “rebequiño”.
Sobremesa na
rúa,cunha temperatura estupenda.Toma de decisións sobre a ruta do domingo,xa
que reserváramos para comer ás 13:00 no
bar Linares do primeiro encontro.O noso
pateo de 3 días faise así circular con principio e fin no mesmo bar.
E chegou o domingo.Fomos
en coches ata Tarna,pequena aldea do concello de Caso, onde empeza a ruta de la
cascada Taballón,PR AS-60.
O camiño nos leva
enseguida a un inmenso bosque de faias.Un “falleu” máxico no que as faias
parecían moverse,unhas se desperezaban do longo inverno estirando seus longos
brazos que rematan en follas de verde
primavera,outras máis lánguidas aínda as ocultan pechadas como capullos.
A ruta vai hasta a
fervenza , que cae de máis de 60 metros . Tras a exuberante
fervenza,continuamos perto do río e finalmente un camiñiño estreito, no que
atopamos os restos de varias cabras devoradas polos lobos(hipótese máis verosímil)
desembocou en Tarna.
Datos técnicos: 10,10
km, 500 m de desnivel acumulado.
E como áxiles
rebecos ás 13:00 xa estábamos no bar,con
ansias do cabrito prometido.O xefe da expedición nos negociou un incrible menú
de 5 pratos por 12 euros:sopa de
pescado,paella,callos á asturiana(100% callos,sen eses entremetidos
garbanzos),cabrito, rabo de touro , postre casero e café.Tremenda
enchenta!.Algúns se resistiron ao picante dos callos,mais eu que son nativa
fiquei delicada(que din os portugueses).
Aproxímase a hora de
voltar á realidade,pensando xa na próxima escapada e agradecida ás persoas
xenerosas coas que se comparte o camiño.
E daquí, plaxiando ao cronista que nesta non podo vir ,”cada mochuelo a su olivo”.
Carmen de Asturias
No hay comentarios:
Publicar un comentario